Deume agora por poñerme a falar doutra version do GNU/Linux que me chamou a atencion. Tratase do Mint (Menta), que ven sendo a enesima variante do Ubuntu (ousease do Debian) na sua rama irlandesa (si en esto pode haber nacionalidades), que a pesar de ser ‘outra version mais’ ten certas particularidades que me chamaron a atencion.
A idea era facer un linux que lle ofrecera a maxima comodidade aos usuarios novatos, a minima dificultad, e sobor de todo un escritorio elegante e altamente configurable. E despois de probalo nun ordenador do traballo (levo con el un par de meses) teño que dicir que o conseguiron de cheo. Carguei a version Gnome dende un livecd, cun instalador moi similar ao do ubuntu no que se basea (moi verde), recoñeceume todolos componentes do equipo, ainda que lle puxera a pequena trampa de instalarlle unha grafica nvdia geforce2 mx/mx 400, que sabia por experiencia que daba problemas de resolucion co instalador do ubuntu 8.04 e 8.10……… como si non fora con el, instalou o X server de nvidia os drivers propietarios e a correr, sen que eu me dera conta de nada, deixoume acceder a rede windows dende o primeiro momento, puiden cargar os meus discos NTFS en modo lectura/escritura dende xa, son sin trabas…… e por suposto unhas ferramentas de configuración, tanto da parte ‘grafica’ do equipo, como do resto co ‘control center’; donde podes cambiar calquer cousa do sistema a golpe de rato.
Ainda que depende dos repositorios do ubuntu, ten os seus propios (con moito software e controladores propietarios adicionais e moi necesarios), e por defecto carga todolos codec’s de audio/video necesarios e non tes que andar a facer conachadas a posteriori, vai un chisco mais rapido que o ubuntu porque non carga demonios innecesarios (se os queres meter ti logo ahí estan) e o mais cojonudo de todo…. ten un soporte pra tarxetas wifi de 4 pares de ostias, metinlle toda-las tarxetas vellas que tiña, as novas… todas, e recoñeceunas todas ao instante, a cona.
Por ultimo falar das actualizacions….. abraiante. Ten o seu propio actualizador MintUpdate(como si non) que che avisa cada vez que tes unha actualizacion, clasificaas segun sean mais ou menos necesarias e mais o menos estables deixandote ‘pasar’ so as estables ou todo, ao gusto de cada un, incluso podes dicirlle que tipo de actualizacions queres que pase e que non te avise, que o faga e non me rompa a cabeza……. zero problemas.
Saudiños
P.S : Ten versions Gnome, KDE, Xfce e fluxbox
P.S. II: A proxima falarei do FreeNas ou a mellor maneira de aproveitar ese discos vellos que tes por casa.