Outra opcion de música

logo exaile
Para todos aqueles que usamos habitualmente linux/Gnome e nos gusta moito a música, ata o de agora nos viamos abocados a usar o Rhythmbox si queriamos ter o tema un pouquiño ordeado e doado de encontrar. existen outras opcions, mais lixeiras, con menos recursos, mais limitadas, etc. A solución ‘radical’ ao problema era instalar o Amarok, que coma todolos programas do KDE visualmente e espectacular. Ademais o manexo e sinxelo, ten unha capacidade ilimitada e atopanse as cancions/artistas ou generos da manera mais doada do mundo (perfecto). Problema: se tes o entorno de fiestras Gnome e instalas o Amarok, cada vez que o executas cargas en memoria as librerias visuais de KDE (QT) que acupan unha barbaridade de memoria, e si tes a musica de fondo como facemos todos tes soamente medio equipo………… Ademaís cando pechas o reproductor non libera totalmente a memoria.
Solución: Exaile. E un xestor de bibliotecas e contidos musicais moi parecido ao Amarok, pero desenrolado totalmente pra Gnome. Ten as mismas capacidades que o Rhythmbox pero ‘come’ moitisima menos memoria, o manexo e moito mais simple, a apariencia e moito mais ‘visual’ . Ademais da soporte aos IPod’s. En fin…. que e unha alternativa atractiva para a musica en gnome, case sen ‘vampirizar’ o equipo e merece a pena cargalo e botarlle unha ollada. Parace ser que os desenroladores de Gnome apostan por el coma o reproductor predeterminado do futuro.
Saudos.
P.S.: Outro día falamos do Banshee.
web de exaile : http://www.exaile.org/